No frontón do que fora casa do concello en A Guillerma Borraxeiros figura esta placa de mármore na que se pode ler: Al ilustre médico pontevedrés D. Víctor Loureiro Crespo, Inspector Municipal de Sanidad del Ayuntamiento de Golada (1888-1933). Sus amigos en testimonio de admiración.
Os amigos son aqueles que fixo na época na que exerceu de médico no concello de Agolada. Pontevedra tamén lle rendeu homenaxe dándolle o seu nome á rúa que entra na cidade desde a estrada que vai de Ourense.
Descubrín este blog agolense buscando información co google.As fotografías de Borraxeiros fixeronme recordar a miña infancia. Eu asistín a escola nese edificio que foi Concello. Ademais publicaches outra fotografía de Borraxeiros na que figura a miña casa natal e hoxe aparece a tenda-bar -Corte-Inglés de Emilio de Modesto que é un espacio entrañable. Os Pendellos siguen sendo un motivo moi inspirador para mín. Moitas felicidades Manuel Busto polo teu esforzo en manter actualizado este Blog "AQUAM LATAM " . Recordos para o meu amigo Xosé Vázquez Pintor. Xulio García Rivas.
ResponderEliminar