9 de marzo de 2007

A PONTEVELLA (CARMOEGA)

O río Arnego en Carmoega, no fondo do val. Por aquí coñécese como a Pontevella, en clara alusión á existencia dunha ponte da que é difícil encontrar vestixios e que nin os máis vellos lembran. Pero o topónimo non mente. A paisaxe é sublime. Sobre as rochas érguense cúpulas de ameneiros, sanguiños, freixos e salgueiros, observados de preto pola sobreira soberana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario