Vila Grande, Friufe (Merlín) visto desde o Castro Marcelín. É a aldea máis próxima ao castro polo que puido ser o primeiro habitat colonizado logo de abandonar o recinto castrexo.
Do nome de Friufe conviña unha aclaración coa comisión da Toponimia da Xunta de Galicia, pois recóllea no nomenclátor co topónimo Friúce (nome que aquí ninguén usa nin usou no pasado recente).
A aquitectura tradicional da aldea está contaminada pola invasión do ladrillo, o bloque, o formigón e a "uralita". Por esta aldea pasaba o camiño real que comunicaba Agolada coas pontes medievais de Toiriz e Carmoega, previo paso por Merlín, O Valadoiro, O Candeiro e Brántega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario