25 de marzo de 2007

TRÍO DE FLORES

A primavera é un prodixio de beleza. A natureza escomeza a rebentar. Cómpre andar con ollos escrutadores e descubrir os pequenos e a veces insignificantes tesouros que nos ten reservados. Hai unha semana reparei nestas floriñas delicadas cuxo cromatismo pasa do branco ao celeste para rematar nun suave lila. Cáliz pentagonal e cinco pétalos, mais ¿o nome? Perdoade a miña ignorancia e permitide que volas amose. A fermosura, a veces, non entende de nomes.
Estas flores están no xardín da casa da Pena en Carmoega (Agolada). Tamén as hai nos bosques próximos.

2 comentarios:

  1. Pensamentos.

    Pensamentos os que me entran cando te leo. Saúdos.

    ResponderEliminar
  2. a miña debilidade polas flores débolla á miña avoa. cando abro e vexo algo tan bonito o sol sorrí. gracias, manolo

    ResponderEliminar