17 de abril de 2007

AGNUS DEI DA IGREXA DE EIDIÁN


A igrexa de Eidián, cuxo patrono é Santiago apóstol, foi bastante modificada en sucesivas reformas, a última delas no ano 1790 e perdeu a súa orixinaria traza románica, sobre todo no exterior: a ábsida foi elevada e fíxose unha nova fachada con campanario. Conserva elementos aillados que confirman a súa edificación no século XII ao xeito románico: o arco triunfal sobre semicolumnas adosadas, varios canzorriños, o Agnus Dei no testeiro do tellado (na foto e no debuxo de X.M. Broz Rei).

Ningún comentario:

Publicar un comentario