A vida que sempre tivo dúas caras, como as moedas, unhas veces dá paos e outras aloumiños. Alédame que agora lle toquen a Anxo os aloumiños merecidos. Eu desde Agolada quero enviarlle tamén o meu, do que probablemente non terá noticia.
Anxo Guerreiro aparece na foto que lle fixen o 30 de xullo de 2006 na homenaxe que lle rendemos ao último alcalde republicano de Agolada, Primo Castro Vila. Non tiven ocasión de que mo presentasen pero sen dúbida estivo atento á foto como se da prensa se tratase. Polo que puiden saber a súa presenza estaba xustificada por ter algún parentesco coa familia de Primo Castro. A imaxe recolle un momento da comida de confraternidade que compartimos na carballeira da área recreativa de Carmoega.
Foi outra data emotiva das moitas que se levan vivido en Agolada nos últimos anos.
30 de xullo de 2007 ????.
ResponderEliminarCreo que con un deles te ías desilusionar tocante ao tema da lingua pois tampouco a utilzia no rexistro oral normalemente, ou outro si; douche unha pista: non se lle coñece profesión.
ResponderEliminarCorrixido o lapsus, Pai de Leo.Gracias.
ResponderEliminar