Dicía hai poucos días que os Pendellos inspiraron a plástica de varios artistas. Comecei por Luís Viñas e hoxe tócalle o turno ao agoladense de adopción, Fernando Oro Pazos, pintor afeccionado, que tivo a xentileza de cedernos o uso desta imaxe para pedirlle ao Concello que fixese uns carteis anunciando os Pendellos nas entradas da vila. E así se fixo. Para o noso gusto quedaron pequenos, pero aí seguen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario