16 de abril de 2007

EXCURSIÓN ÁS RÍAS BAIXAS

Sen ter a certeza exacta, creo que foi no verán de 1963 cando D. Luís Rodríguez, crego de Agolada, organizara esta excursión polas Rías Baixas. Tamén estaba o mestre, D. Ulrico Sarandeses. Conducía "A Chocolateira" Adolfo Meixide. Aínda que non o pareza a foto foi sacada á beira da praia de Silgar en Sanxenxo. Era outro Sanxenxo sen dúbida. Nós tamén eramos outros. Lembro que ese día admirara por primeira vez a inmensidade azul do mar.
A foto é do arquivo de Manuel Galego Iglesias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario