17 de abril de 2007

II ENCONTRO NO PENDELLOS (III)


A xornada do II Encontro foi moi densa en contido. O día estaba magnífico e permitía as excursións. Despois do Dolmen dos Muíños, a comitiva desplazámonos ata a Ponte dos Cabalos e á ínsua co seu bosque, tostas, pontellas e muíños. Dicía o profesor Secundino Lorenzo: un xardín botánico. E toda a historia que o rodea. A ponte data do ano 970. Cruzaba por ela un camiño real. A visita foi do agrado de todos os participantes que nada se queixaron dos case tres quilómetros andados, a metade costa arriba.Desde alí a visita proseguiu na aldea de Ferreiroa, coas visitas á súa igrexa, ás escorias da ferrería de fundición do ferro da época romana e á arquitectura popular da aldea.







Ningún comentario:

Publicar un comentario