Este brasón presenta as armas dos GUNDÍN. É un escudo feito á antiga usanza: representado nun só cuartel de campo cuadrilongo con ángulos redondeados. Nel aparece un home con armadura e dacabalo, pé na estribeira, espada no van, unha man nas rendas e a outra aguantando unha lanza que se apoia no ombro. A cabeza está cuberta por helmo e plumaxe.
Emplázase sobre cartela con volutas. No timbre helmo perfilado á dereita como símbolo de fidalguía e empenachado de doce plumas.
(Tradución da descrición de Francisco Rubia e César Gómez)
Ningún comentario:
Publicar un comentario