15 de abril de 2007

NATURVIVA

Naturviva é o único grupo ecoloxista de Agolada. Naceu na parroquia de Brántega e ten como principal obxectivo a protección medioambiental do Sobreiral do Arnego. Colabora co Proxecto Ríos e coida do enorme tramo do Arnego que vai desde a Ponte Vilariño deica o encoro de Portodemouros.
Dedícase a vixilancia dos montes co fin de evitar o lume e tamén á recollida e atención de animais abandonados. Outra ambición deste grupo sería conseguir limpar os leitos e os canles fluviais.
No foto editada en maio de 2006 na Voz de Galicia, aparece uniformada de verde a Directiva, encabezada por Xoán Xosé López (sentado á esquerda).
Desexo expresar o meu recoñecemento e admiración polo labor altruísta que están levando a cabo e que poucas veces se ve recompensado pola comprensión e a gratitude da cidadanía. Ánimo e que moitos sigan o voso exemplo e entrega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario