9 de abril de 2007

CRUCEIRO NO CASAL (Brántega)
















Case apegado á capela de San Miguel, no lugar de O Casal, en Brántega, está este fermoso cruceiro. Ofrézovos o anverso e o reverso. A iconografía, característica común a outros cruceiros do concello, é case esquemática, dunha sinxeleza e rusticidade que denotan a devoción e as limitacións escultóricas do canteiro. Pero posúe gracia e espontaneidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario