Eu tamén aprendín hai xa moito tempo a trascendencia das fotos, e neste blog queda ben clara a importancia que lle concedo á imaxe.
Diante do bar de Lamazares, coas portas entornadas para mellorar o fondo, están de esquerda a dereita: Tuchiño de Antucho, Félix de Prudencio, Cristina de Lamazares, Manuel Lamazares, Cecilia Vilar, Pacita de Prudencio, Raquel de Prudencio e Wences de Antonino.
Notaredes que recollo a denominación popular da xente da que case sempre se indicaba o nome e a casa á que pertencía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario