No outeiriño da foto, sobre un terreo en pendente e con fáciles defensas naturais encóntrase o antigo recinto castrexo onde se ubicara a aldea de Basadre. Coñécese co nome de Eira Vella (unha denominación ben bonita, por certo). Posúe castro e antecastro no lado norte. Conserva bastante ben os terrapléns agás na cara leste onde está moi erosionado polos labores de cultivo. Presenta dúas patoloxías que agrediron a súa estrutura: unha casa de ladrillo e cemento no mesmo eirado e un valado de bloques rodeando unha parte da muralla.
Na casa de Manuel Amor puiden fotografar o pé dun muíño de man (na foto da esquerda). Este mesmo señor comentoume como el mesmo co arado levantara ducias de pedras coma estas, que están nos valados dos arredores ou soterradas. Unha mágoa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario