27 de abril de 2007

ÉDITOS E INÉDITOS. POESÍA EN OBRA

ÉDITOS E INÉDITOS. POESÍA EN OBRA
Á parte dos Premios Esquío, o día 21 de abril de 2007, a Asociación Amigos dos Pendellos organizou un recital poético para autores que xa posúen obra publicada e para os que quixesen expoñer os seus versos inéditos. Foi a continuación e digno remate para a Festa dos Premios Esquío.

Cómpre destacar a presenza do grupo poético-musical Xílgaro formado por María del Carmen Álvaro (¡hai que ver como domina o galego esta soriana!), Carmeliña García, Matilde Veiga Alén e Mª Carmen Gago Florenti (asturiana). Na foto aparecen con Marica Campo.
A presenza deste grupo en todos os actos convocados pola nosa Asociación é algo que lles agradecemos profundamente.



María del Carmen Álvaro durante o seu recitado.


Carmeliña García recita versos de Celso Emilio Ferreiro




Matilde Veiga Alén durante a súa intervención.


A voz asturiana de Carmen Gago Florenti pon poesía galega nos Pendellos.


Elvira Riveiro Tobío
lingua limacha largacía
lingua lique guerla
con gula
lingua limo lento lingam engole
lingua lagarta buliga
gabea
gurgulla
...


Mero Dobarrio Iglesias, de A Quenlla, nesta ocasión exerce de poeta édito e le algúns versos seus.







Eu tamén quixen aportar esta miña non confesada devoción pola poesía. O poema versaba sobre o río Arnego.




Por descoido non posuímos fotos de Geno Piñeiro, quen veu desde Moaña para deleitarnos cos seus versos.
As fotos desta entrada son de María del Carmen Álvaro, agás a de Elvira Riveiro e a de Ángel Utrera.

Ningún comentario:

Publicar un comentario