26 de abril de 2007

BRIÓNS

É sorprendente á beleza que poden acadar uns simples brións que medran a ras do chan sobre a rocha granítica. Esta foto obtívena hai dous anos na zona dos Muíños en Bidueiros, preto do Dolmen. Ese día descubrira un camiño de vello, completamente cuberto de xestas e toxos. Vese que nin os cazadores pasan por el. É merecente dunha limpeza e de rescatalo para unha ruta para camiñantes. Con iso bastaría, a natureza ofrece o resto.

1 comentario:

  1. a miña primeira lembranza dos brións remóntase á infancia. ía coa miña avoa ao monte na procura de carriza para o belén de nadal e collíamos desta variedade que era moito máis bonita cá outra. empregábamola como céspede para pór todas as pezas do nacemento. lembro iso: decembro, a miña avoa, a caixa baleira de galletas maría onde a gardabamos, o aire limpo e frío...

    ResponderEliminar