María do Carme Kruckenberg, ao fondo, poeta que nos honrou coa súa presenza e que se tivo que ausentar ao mediodía.
Debo citar a outros moitos dos que non posúo foto dese día: Celso Fernández Sanmartín, contacontos; Xosé María Dobarro Paz, catedrático de Literatura Galega na Universidade da Coruña; José Antonio Ponte Far, catedrático de Literatura en Ferrol; Xoán Rubia, cantante, Camilo Camaño Xestido, Xulio García Rivas, Paco Lareo, Damián Paio, Saúl Otero, Manuel Busto Magdalena e Luís Viñas, pintores.
Debería completar esta lista cunha relación extensa de profesores, avogados, médicos, farmacéuticos, veciños de Agolada e amigos da poesía e dos Pendellos.
A todos moitas gracias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario