
Gonzalo Alonso-Bartol, premio Esquío en castelán, conversa con Vicente Araguas.

Xosé Miranda, poeta e narrador, ofreceunos os seus versos e dous contos.

Anxo Quintela, poeta e home da radio, recitando un dos seus poemas nos Pendellos.

Ramón Caride Ogando, novelista e poeta, trouxo versos con ecos de Cea e de Cambados.

Marica Campo recitou poemas seus e de María do Carme Kruckenberg, quen se tivo que ausentar a mediodía.

Vicente Araguas foi o presentador e condutor dos actos. Tamén soou a voz do poeta no recitado dos seus versos. Leu tamén versos do fenecido Carlos Casanova (Premio Esquío), cuxa viúva presenciou emocionada o acto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario