26 de abril de 2007

ABETO NO XARDÍN DA CASA DA PENA


Un dos signos de poderío das casas pacegas era a existencia de xardín arredor do pazo ou casa. É o caso desta casa da Pena de Carmoega. Tiña un xardín extenso e fermoso, valado por unha cerca de pedra duns dous metros de altura. Un regueiro cruzaba polo medio despois de encher o corgo que servía para o rego da finca. O xardín gozaba dunha ampla e marabillosa panorámica do val. Hoxe sofre o abandono ao igual que a casa e as herbas e silveiras van consquistando espazos aos camelios e aos buxos.
Na foto vemos un exemplar de castiñeiro e un abeto de bastante envergadura que loce en todo o seu verdor a finais do inverno. Detrás o valado perimetral do xardín.

Ningún comentario:

Publicar un comentario