A praza e a estrada foron de sempre os mellores escenarios para as fotos de grupos. Para a xente de Agolada que gusta de verse neste blog hai que poñerlles cada pouco unha imaxe para a lembranza. Para o resto queda a constancia de cómo se vivía nun pobo pequeno de Galicia a mediados dos anos 60. Nela aparecen Cesáreo Pallares, Mari Cruz de Claudino, Lupe de Víctor, Pili de Claudino, Félix de Prudencio, Fina da Roxa, Luís de Outeiro, a nena é Carmela de Caldeireiro, Tilucha de Caldeireiro e Guillermina do Sidorio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario