Nun casal que hai en Galegos (Eidián), en estado de ruína, aínda se mantén en pé esta porta soberbia, enmarcada en perpiaños graníticos e coroada cun lintel debuxado que lle confire relevancia e beleza.
Trataríase dunha porta pertencente a unha casa fidalga, da que apenas posúo datos da súa historia.
No debuxo de Xosé Manuel Broz sitúa Galegos en Basadre pois antigamente pertenceu ao Coto de Basadre, na actualidade pertence á parroquia de Eidián.
Ningún comentario:
Publicar un comentario