Hoxe houbo feira n'Agolada. A foto é de xullo de 2003. De hoxe non posúo fotos porque non estiven. Segundo me contaron foi unha feira boa. Cando din boa quere dicir que acudiu bastante xente e que se fixeron bastantes transaccións. De todos os xeitos, aqueles que coñecemos o apoxeo desta feira nos anos 60 e 70 do pasado século sabemos que a feira actual non resiste a comparanza con aquelas. Era entón a feira un rebulicio de xente e animais, unha explosión de vida no medio dun mundo menos farturento en cousas pero máis pródigo en xente e en conversas. Cada un xogaba o seu papel naquel sainete aldeán, onde todos actuaban e todos eran espectadores.
Propoño aos lectores, e especialmente aos de Agolada, que fagamos un debate de ideas para tratarmos de encontrar solucións e medidas que revitalicen e desenrolen a feira de hoxe para conservarmos para o futuro o dinamismo e a autenticidade das feiras populares. Aquí conservamos os pendellos e iso debería ser motivo para establecer un referente e un plus diferencial que nos signifique no medio de todas as feiras.
Cales cres ti que son esas solucións? Que se podería facer nas feiras actuais que non se estea facendo? Como conseguir congregar á xente agora que no rural quedan poucos habitantes e moitos deles vellos?
Ola, Manolo. Tamén é curioso que a min se me dese xusto onte por ir á feira d'Agolada.
ResponderEliminarSe queres ver o rexistro audiovisual do evento:
http://www.youtube.com/watch?v=3M191oTJTS8
Non sei cal é a solución. De todas maneiras creo que non debe perder a súa personalidade. Cal era a personalidade da feira d'Agolada? os becerros. Daquela potenciar esta parte. A parranda: pois tamén. Hai que buscarlle o diferencial e traballr por este lado e dendde logo facilitar a asistencia da xente. E tal vez vender ecoloxía, vender tradición, vender o da casa.
ResponderEliminar