13 de abril de 2007

INTERIOR DO MUÍÑO DAS CANIZAS

Conchita e Manolo e Manolo de Meixide, os seus propietarios, fixeron unha moi digna restauración deste muíño que está nas ribeiras do Ulla, frente ás parroquias de Basadre e Eidián. O muíño contaba con tres moas e foi reconvertido en restaurante xunto coa casa do muiñeiro. Na foto vese a zona das moas e os burros de levantar as pedras para as picar. Aquí instalaron un pequeno comedor privado con moitos detalles que o fan moi acolledor. Con sensibilidade e bo gusto dismularon un conxelador para os xelados dentro dunha hucha de madeira das que soía haber no muíño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario