Hai preto dun mes obtiven esta fermosa vista do val de Carmoega desde a ventá do comedor da Casa da Pena. En primeiro termo destaca un elegante exemplar de piñeiro manso.
Co risco de pecar de presuntuoso afirmo plenamente convencido que este é o máis fermoso val que temos no concello de Agolada. Ese risco vén derivado de que nesta poza do Arnego vin a luz por vez primeira. É un val de recendos antigos, onde aínda ecoan os ouveos do lobo desde Paradela a Santoandré. As sobreiras e os amoroqueiros danlle as cores e visten a natureza de verdes veludos.
Moi boa foto. Encántame o teu blog...
ResponderEliminarSó coñecía do concello da Golada ao ter escoitado das suas feiras e agora descubrín no teu blog certas cousas interesantes. Ata coido que a primeira vez que fun de pesca co meu pai ben podera ser ao arnego, no seixo ¿pode ser?...lástima que xa non poida preguntarlle... foi un venres santo e as cinco menos cuarto da tarde´, non sei de que ano, pesquei a primeira troita da minha vida. Coa alegría tirei tan forte da caña que quedou enganchada nunhas árvores... Son anédoctas difuminadas da minha xuventude.
Un saúdo desde as Illas Canarias.