28 de abril de 2007

PROCESIÓN POLA PRAZA

Nesta foto, de escasa calidade, na que tiven que restaurar algunha parte, recuperamos a memoria das procesións que baixaban desde a capela das Virtudes a dar a volta arredor do palco e da fonte. Era a procesión do Corpus. Tamén podemos admirar a praza con todo o encanto que tiña a finais dos anos 50 ou principios do 60: o carballo, as fachadas caleadas, o pavimento de xabre, a esquina do palco da música que se elevaba nas alturas...
Descoñezo quen foi o autor da foto pero non sería arriscado atribuírlla a Manuel Galego Iglesias, que era quen tiña cámara naquela época.

Ningún comentario:

Publicar un comentario