A primeira actuación que vai acometer a Consellería de Cultura nos Pendellos vai ser a completa restauración da Capela das Virtudes e a Casa da Neves. A capela contémplase como un pequeno auditorio ou sala de exposicións e cabería a posibilidade de habilitala para o culto ocasionalmente. A casa da Neves destinaríase a Centro Expositivo (non queren chamarlle Museo) das Feiras, principalmente da nosa.
Acompaño os esbozos do proxecto que xa levan meses no Concello.
Na foto inferior vemos aos dous arquitectos que contratou a Consellería para redactar e executar o proxecto, Xoán Manuel Doce Porto e Dulce María Trigo Cousillas, tomando medicións no interior da casa da Neves hai xa máis dun ano.
Xa se fixo o convenio de cesión temporal dos edificios por parte da Deputación e só queda agardar un pouco para ver renacer unha parte importante dos Pendellos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario