François Davo leu poesía en galego e en francés.
O público disfrutou coa poesía e coa bonanza do día. Cadaquén acomodouse nos mostradosres dos Pendellos ou en cadeiras buscando a sombra gorentosa. Quedaba rubricada a idoneidade deste espazo para a perfecta combinación da música e a palabra.
Estíbaliz Espinosa deleitounos cun dos seus poemas. Previamente cantara con moito xeito unha canción brasileña.
Obtivo o Premio Esquío en 1999 polo seu libro Pan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario