8 de abril de 2007

RELOXO PARA BEATRIZ

Hai días, cando lía no Toxomar de Beatriz Dacosta o Réquiem polo tempo, pensei en lle deixar un comentario no blog. Pero logo ocurriuseme que era hora de que alguén lle regalase un novo (ou vello) reloxo. Para que non siga desorientada e volva ao rumbo das rutinas. E que sexa un reloxo galego que faga o camiño á inversa. O seu primeiro reloxo viñera de Canarias para Galicia; este vai desde Carmoega (Agolada) para Tenerife, coa poalla verde de Galicia para esparrase ao sol canario, que é o que precisa para dar ben a hora. Non é un reloxo calquera. Está na parede sur da igrexa. É o único reloxo de sol que coñezo no noso concello. Teño que admitilo, estamos pobres de reloxos de sol. Pero iso aínda lle dá máis mérito ao regalo.
P.S. Acabo de lembrar que coñezo dous reloxos de sol no municipio de Agolada. O outro é máis fermoso pero con menos historia.

2 comentarios:

  1. manolo, ¡GRACIASSSSSSS!, é un regalo marabilloso!!!!!
    aínda hoxe lin este texto no teu blog porque levo uns días que case nin acendo o ordenador. a vida imponse e a tecnoloxía queda aparcada ata un intre onde poida dispór dun aquel de tempo... xa ves, tempo a fin de contas, tempo que se vive segundo as horas do reloxo que un leve enriba. así que me sinto moi honrada de poder disfrutar deste reloxiño que con tanto agarimo amosas no blog!!!!
    sempre levarei galicia por onde vaia, o que pasa que vexo moi difícil, agás nas vacacións o regreso a esa raíz que tan ben me define.
    apertas!!!!

    ResponderEliminar
  2. Parabens. Tedes polo menos 3 reloxos de sol no voso concello. Hai outro na igrexa de San Cristovo de Borraxeiros. Saudos.

    ResponderEliminar