Se reparades nos remates dos hórreos observaredes moitas curiosidades. Case todos levan unha cruz e hainas de moi variadas formas. No remate oposto á cruz soe haber un pináculo. O hórreo da foto ten dous pináculos ben orixinais: a cruz semella unha custodia. E ambos pináculos teñen a particularidade dun cordón en relevo que sobe de xeito helicoidal desde o basamento cilíndrico.
Outra das virtudes do hórreo é a súa cuberta de lousa granítica, delgadiña coma unha lámina pétrea.
Este hórreo está a beira da eira que vos amosei dúas entradas máis atrás. Está en Ferreiroa, na eira dos de Neira (actualmente de Manuel Sarandeses).
Foi construído polo canteiro do mesmo lugar, Nicasio Gallego, tío de David do Lousa.
Algo lin por aí de que eran símbolos fálicos. Cando aparece unha cruz, é un símbolo cristián invocando protección para as colleitas que hai de dentro. Na fronte haberá un símbolo fálico que indica fertilidade pois o gran que hai dentro deberá volver a xermolar. É a representación máis clara do que é Galicia antropoloxicamente falando: mestura de paganismo e cristinismo en perfecta harmonía.
ResponderEliminar