3 de abril de 2007

OS DE BUEU EN AGOLADA

Nestes case tres anos de andadura da Asociación Amigos dos Pendellos, a nosa vila e os Pendellos recibiron numerosas excursións e visitas de xente que nos vai descubrindo. A campaña de difusión que escomezamos no seu día, a páxina web, os blogs, o boca a orella, etc. van funcionando e captando paseniñamente a atención do mundo. Por iso temos que insistir, procurar a restauración e dignificación do recinto e dos valores de Agolada, preparar locais para a hostalería dentro dos pendellos, deseñar rotas de sendeirismo polos arredores e en diferentes puntos do concello. Agolada, que xa ten os seus actractivos, debe saber amosalos e rendibilizalos.
Na foto aparece unha excursión de Bueu que cursou visita aos Pendellos e á vila de Agolada. Un autobús cheíño de xente e agradecemento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario