2 de abril de 2007

A EIRA DE MALLAR

Unha casa de labregos había de ter unha boa eira, coma a que ilustra esta entrada. Onde hai granito, de cantería e onde a pedra é xisto, pois máis irregular; como a que hai na miña casa paterna, de lousas azuladas. Aquí facíanse múltiples traballos: a meda, a malla, o aventado do gran, as ouriceiras de castañas, o secado das fabas, o picado da leña, o baleirado de diferentes materiais...
A eira case sempre está preto da casa, contigua ao hórreo e á palleira, por razóns prácticas. O seu emprazamento procúrase en sitio aireado, que reciba o máximo de soleamento e que estea despexada de árbores que poidan dificultar a acción do vento, necesario para aventar o gran.
As eiras son outro bo patrimonio da arquitectura popular. Nótese nesta eira de Manuel Sarandeses, en Ferreiroa, a perfecta colocación das lousas e o bordo do mesmo material.

2 comentarios: