A eira case sempre está preto da casa, contigua ao hórreo e á palleira, por razóns prácticas. O seu emprazamento procúrase en sitio aireado, que reciba o máximo de soleamento e que estea despexada de árbores que poidan dificultar a acción do vento, necesario para aventar o gran.
As eiras son outro bo patrimonio da arquitectura popular. Nótese nesta eira de Manuel Sarandeses, en Ferreiroa, a perfecta colocación das lousas e o bordo do mesmo material.
Preciosa, canta arte...
ResponderEliminarUnha obra de arte.
ResponderEliminarLembrame outra eira de pedra no concello de Avion, en Barrosos.