11 de abril de 2007

TOSTAS NA ÍNSUA DOS CABALOS

Na cima da ínsua dos Cabalos e no final da mesma hai senllas tostas que dan nivel á auga para levala ao muíño que está case a carón da ponte. Cando o río leva ben auga os dous canles que rodean a ínsua van cheos, mais cando ven unha seca, o canle dereito convértese nun leito de pedra con pozas ao chou.
As dúas tostas contribúen á beleza do lugar e o fragor da auga que cae ponlle o fondo musical a un decorado de excepción.

1 comentario:

  1. Estupendas fotos e acompañadas de sentidas palabras...pasar polo teu blog é como dar un garbeo pola aldea que todos amamos.
    Vou anotando cousas para unha viaxe.
    Unha aperta

    ResponderEliminar