Na foto observamos a aldea de Sangorza na parroquia de Val. Completan a parroquia os lugares de Val, Vilameá, Sa, O Sino e O Castro. É unha parroquia pequena, dedicada a agricultura e gandeiría. Conta tamén cun aserradoiro. É unha terra fértil que recibe a influenza do clima temperado do Arnego, pai das sobreiras e dos amoroqueiros.
Da historia da parroquia cabe citar o seu castro e as mámoas do Monte da Serra, que explican a primitiva ocupación destas terras.
No lugar de Sa houbo unha casa fidalga emparentada cos con ricas liñaxes da comarca sobre todo co desaparecido Pazo de Brandariz, na Baíña.
Preto do pintoresco lugar da Frisca, á beira do Arnego, estivo ubicado na Idade Media o castelo de Valquireza. Queda constancia documental e na toponimia que recolle o Monte do Castelo de Riba e o Monte do Castelo de Baixo.
Esta parroquia viviu unha época dourada nos anos setenta do pasado século ao amparo do seu crego D. Manuel Guerreiro Sánchez, quen intermediou para dotar de servicios aos veciños como non se coñecía en ningunha outra parte do concello. Sirva este recordatorio de recoñecemento a ese labor social desinteresado que poucas veces se ve compensado.
Hola,
ResponderEliminarSon o fillo de Don Manuel, Manuel Guerreiro Frade. Gracias polo recoñecemento e por favor ponte en contacto comigo en manuel @ guerreiro . es
Gracias,
Manuel