Onte deixei aquí fotos e un poema sobre as beiras do Arnego. Este río tenme engaiolado. Camiñar á súa beira, procurar unha boa foto, respirar a frescura sonora do seu paso. O domingo de Pascua, a mañá deixoume estas dúas estampas obtidas desde o monte de Velpellós. A foto de arriba mira cara o Porto do Frade, onde se ubicara o antigo mosteiro de San Sadurniño e a de abaixo remata onde desemboca o rego de Rodís.
Moitas gracias por avivarme o recordo.
ResponderEliminarmanolo, non me é de estrañar que o río te teña engaiolado. as imaxes son fermosísimas, e a realidade, sentirse integrado coa natureza, respirando o aire engalanado co aroma das plantas, a airexa do vento e demais, supera sempre a mil imaxes, aínda que teño que agradecerche a túa achega da construcción de agolada virtual, porque coas imaxes coas que nos agasallas non só teces memoria senón que ergues pontes que traspasan fronteiras.
ResponderEliminarunha aperta
Beatriz: gústanmme especialmente as seguintes palabras que me ofreces: "non só teces memoria senón que ergues pontes que traspasan fronteiras". E tés razón, nós que non nos coñecemos persoalmente temos aquí unha ponte que nos aproxima e que algún día nos permitirá saudarnos co agarimo dos vellos amigos.
ResponderEliminarUnha aperta e gracias.