En entradas anteriores falei da elaborada arquitectura popular da aldea de Ferreiroa. Esta casa de Outeiro é un bo exemplo dela. Esta foto corresponde ao patio interior por onde se accede desde a casa ás cortes e á palleira. Os sólidos muros de perpiaño, as columnas de pedra, os beiriles dos antigos tellados expresan a coidada factura da construción.
A casa ocupa unha considerable superficie, con patio de traballo, xardín amurallado e eira, palleira, hórreo e celeiro separados da casa polo camiño, situados nun nivel máis elevado.
Desde o camiño pódese acceder á casa através de dous portalóns: un conduce ás cortes e palleira e o outro dá acceso ao patio-xardín no que destaca o corredor-solaina que vemos na foto da dereita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario