8 de maio de 2007

ANTIGA ESCOLA DE BASADROA

Case un século sobre o edificio e resiste o abandono e a indiferenza. Os buratos do tellado son o punto débil por onde entrou a ruína. Seguiu polos buratos das fiestras e das portas.
É o edificio da antiga escola, sito no lugar de Basadroa, parroquia de Eidián. É hora de que concello, propietarios e veciños se poñan de acordo para rescatar o local para centro social da parroquia. A notable estrutura pétrea do edificio merece ser conservada e dignificada. Despois de ser escola xa tiña funcionado como teleclub.
Na lápida de mármore que hai na fachada principal recóllese o ano, o motivo da construción do edificio e tamén o nome do filántropo que o custeou: Fue construido este edificio escolar a expensas de D. Francisco Oro Meire con objeto de que los niños y niñas de las parroquias de Eidián, Basadre y Ramil reciban la Instrución Primaria. Año 1920.
A escola pechouse a principios dos anos 70 cando se inaugurou o Colexio de Agolada.

4 comentarios:

  1. Pregunta: foi feita con diñeiro da emigración? Se é así hai máis posibilidades de actuaciñon, creo.

    ResponderEliminar
  2. Efectivamente, foi feito con cartos dun emigrante a América. Tamén teño noticia de que algúns grupos que optan ao concello de Agolada teñen intención de restauralo. Os máis interesados teñen que ser os veciños de Eidián e Basadroa.

    ResponderEliminar
  3. Se é así creo que se lle debía dar noticia ao MUPEGA.

    ResponderEliminar
  4. Os veciños de Basadroa levan mais de 4 anos loitando para que se restaure e adicalo a centro social da parroquia, mais quizais pola desidia, quizais pola sua incompetencia, as persoas que rixen o concello ainda non foron capaces de conseguir a plena titularidade. Xa se perdeu unha subvención de 48000€ da Deputación e outra de 35000€ da Consellaría de Medio Rural para restaurar. Pena Penita Pena....

    ResponderEliminar