Dicía un profesor meu, agora xulgo que equivocadamente; que a el as paisaxes gustáballe velas coma os touros, é dicir, desde a barreira; isto é, sen pisar o campo. Desde logo que estaba equivocado. Ver queda restrinxido a un sentido. Hai que ulir e tocar, sentir as espiñas dos toxos e os aloumiños das herbas. Adentrarse no bosque, no campo para percibir a beleza nunha escala cromática irrepetible e aspirar o recendo da terra e da herba verde. É unha das cousas que lle dá sentido a esta nosa vida cada vez máis urbana e máis afastada do rural.
non só as paisaxes, temos a obriga de mergullarnos na vida enteira para vivila con tódolos sentidos e intensidade.
ResponderEliminarde todos modos é unha gran sorte poder disfrutar das túas palabras e imaxes aínda que só sexa dende esta barreira virtual.
apertas!!!