22 de maio de 2007

BRASÓN DO PAZO DE EIDIÁN

A pedra armeira da Casa Grande de Eidián campea sobre o portalón de entrada. A súa forma é oval e presenta campo medio partido e cortado. No primeiro cuartel ten escaques que cos trece roeis do segundo (LÓPEZ) tamén aparecen no pazo de Trasulfe en Rodeiro e que puideron ter adoptado os López de Basadre, antigos propietarios do Pazo. No terceiro cuartel presenta varas superadas de tres lises e na parte inferior, dúas medias rodas
de tortura de Santa Catalina de Alexandría, correspondentes aos VARELA. Orlado de cadea con candado en punta, por ter participado os ascendentes na Batalla das Navas de Tolosa. A decoración está composta por plegues que lembran ao pergamiño. No timbre, elmo empenachado con plumaxes de avestruz, que mira á destra, como símbolo de fidalguía. Na gola apréciase unha medalla.
Traducido do libro Pazos de Deza de César Gómez e Francisco Rubia.
O debuxo superior é de Xosé Manuel Broz Rei.

Ningún comentario:

Publicar un comentario