Para os nostálxicos de Agolada esta foto seguro que é capaz de lles espertar a saudade dos tempos idos. A foto é de 1965, do álbum de Xosé García Piñeiro (Pepe de Caldeireiro). Nela observamos a praza da vila, ágora do mercado, campa da encrucillada dos camiños, cerne onde agromou a feira máis auténtica, espazo para o troco e o parrafeo, para os pasmóns e os usureiros, para labregos, para polbeiros, para mendicantes e para cegos de roucos violinos. Palco, carballos, pendellos, cruceiro e ao fondo a casa da Coega e o campanario da igrexa recén estreada. Un chan de neve e un ceo de chumbo. 1965, cando a neve tiña corpo de manta vella e pousaba unha semana na paz calada dos tellados.22 de maio de 2007
A PRAZA DE AGOLADA NEVADA
Para os nostálxicos de Agolada esta foto seguro que é capaz de lles espertar a saudade dos tempos idos. A foto é de 1965, do álbum de Xosé García Piñeiro (Pepe de Caldeireiro). Nela observamos a praza da vila, ágora do mercado, campa da encrucillada dos camiños, cerne onde agromou a feira máis auténtica, espazo para o troco e o parrafeo, para os pasmóns e os usureiros, para labregos, para polbeiros, para mendicantes e para cegos de roucos violinos. Palco, carballos, pendellos, cruceiro e ao fondo a casa da Coega e o campanario da igrexa recén estreada. Un chan de neve e un ceo de chumbo. 1965, cando a neve tiña corpo de manta vella e pousaba unha semana na paz calada dos tellados.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Preciosa foto.
ResponderEliminarDin os entendidos que as fotos de neve quedan millor cando a neve empeza a derreter e deixa ver o que cubría e este parece ser o caso.