O camapanario da esquerda corresponde á igrexa neoclásica da parroquia de Santa Comba. Non hai no concello ningún outro que se lle pareza, por iso merece ser destacado. Consta de tres corpos de base cuadrangular: macizo o da base, o segundo érguese sobre catro columnas que deixan ao aire catro arcos (en dous deles colocáronse as campás) que se coroan con pináculos na base do terceiro corpo. Este último é semellante ao segundo pero de menores dimensións e coróase cun pináculo cónico arredondado sobre o que se eleva unha sinxela cruz semellante á de moitos hórreos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario