30 de abril de 2007

A EIREXE (VILARIÑO)

O uso do teleobxectivo permite obter panorámicas inéditas que a primeira vista nos resultan descoñecidas. Nesta foto vemos o lugar de A Eirexe na parroquia de Vilariño contemplada desde Cadrón (Lalín). Son facilmente recoñecibles a igrexa, a casa rectoral e a casa dos irmáns Fernández Sucasas, amigos de vello e compañeiros de inquedanzas. Sobre al aldea de A Eirexe vense as casas do lugar de Quintela (Santa Comba). No horizonte, a liña da montaña ascende cara a dereita na busca da Pena Maior.
É esta unha terra agrícola e gandeira. A xente vive diso. E sería tamén unha grande potencia forestal se un día aprendésemos a coidar e rendibilizar o bosque. Tamén a paisaxe, anque haxa quen pense que da paisaxe non se vive. Eu creo que si, unha paisaxe fermosa atrae xente e favorece a existencia dun turismo do que agora chaman de calidade. E a auga. Sempre a auga. Esta é terra de auga, dos mil regueiros e dos ríos. ¿De que nos servirían se non os coidásemos? Augas limpas e abundantes son garantía de riqueza presente e futura.

1 comentario:

  1. Gaita galaica, sabes cantar
    lo que profundo y dulce nos es... como dicía Rubén Darío.
    As túas verbas parecen que se acompañan de múseca para unha terra. Moita xenerosidade, gracias.

    ResponderEliminar