5 de maio de 2007

CARBALLO BONSAI


Hoxe a bici e as pernas leváronme a facer a foto do único carballo anano que coñezo cumprindo co prometido onte. Para que vos fagades algo de idea do tamaño, na foto pequena aparecen colgadas as gafas de ciclismo anque non se perciben moi ben.
Non podo determinar a variedade de carballo pero semella talmente un bonsai campestre. Precioso como curiosidade. E mellor vestido agora na primavera.

Ningún comentario:

Publicar un comentario