30 de maio de 2007

CASA CON BUFARDA


O lugar de Galegos en Eidián non por pequeno carece de sorpresas. Na casa da foto, de harmoniosas proporcións, hai unha bufarda na fachada principal, na planta baixa á dereita cunha curiosa celosía, circular e única. Parece talmente unha lamia de aliaxe (iso si aliaxe de cuarzo, feldespato e mica).

Ningún comentario:

Publicar un comentario