A foto superior é de agosto de 2005, a de abaixo, de primeiros de abril de 2007. Recollen o mesmo lugar: o río Ulla visto desde a Ponte de Mourazos mirando río arriba.
Cada foto é unha acta notarial que apreixa o tempo e testemuñará no decorrer dos anos a evolución e o cambio das xeografías. Na foto de arriba o sol agosteño abrasa de luz o verdor do bosque ribeireño e o río baixa comedido coas augas xustas. Na de abaixo as árbores veñen de resistir un inverno sen camisas, só algunhas apuntan gromos de primavera. As augas orgullosas e bravías baixan estoupando en cachoeiras de brancas escumas.
Outra volta o río irmanando terras de Santiso e Agolada, de A Coruña e Pontevedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario