Algunhas casas reitorais van quedando no abandono porque cada vez hai menos cregos, concretamente no concello de Agolada quedan na actualidade sete curas para atender as 24 parroquias existentes. Non todas posúen reitoral. Loxicamente iso non permite que se ocupen todas as casas reitorais. É o caso desta casa reitoral de A Baíña. Leva varios anos pechada. É outro patrimonio que debemos defender e conservar polo que foron e polo que representaron.
Como elemento máis salientable da súa arquitectura, á parte das dimensións do edificio, citarei a voluminosa cheminea. Igualmente cómpre indicar que non todas as reformas que se fixeron na casa foron acertadas (véxase a ventá que hai na foto inferior).
Na foto de arriba, no horizonte apunta o pico da Pena Gundín na veciña parroquia de Val de Sangorza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario