30 de maio de 2007

ELEMENTOS DO PAZO DE BORRAXEIROS

Fachada sur do pazo perfectamente conservada con algúns aditamentos prescindibles.

Cubo ameado da esquina nordeste.


Gran cheminea rematada en pináculos correspondente á lareira. Está na ala oeste do pazo.

Adarve ameado na fachada leste con cheminea pacega correspondente a un lar para calefacción



Enormes ménsulas ricamente decoradas sosteñen o balcón da fachada leste, que avanza sobre a porta principal. Gárgola de tubo estriada e ameas do adarve.


Portada principal profusamente traballada con molduras e acornixados.







Escaleira de acceso con elegante varanda de balaústres e pináculos.




Fachada leste, que mira cara a unha fermosa carballeira. O pazo ocupa o solar do castelo medieval que derrubaran os Irmandiños en 1457.

2 comentarios:

  1. O que eu non entendo é que sexas capaz de atopar estas imaxes tan bonitas, co desfeito que temos o país.

    ResponderEliminar
  2. A beleza reside en todas partes e convive coa desfeita e coa despreocupación. Sucede que o ollo fotográfico é moi selectivo e é capaz de separar o grao da palla.
    Grazas pola observación.

    ResponderEliminar