25 de maio de 2007

CÓMPRE SABER RESTAURAR

Esta casa da foto naceu grande, soberbia, coa dignidade da pedra e da madeira. Ten elementos que a distinguen das circundantes: a cheminea granítica rematada con pináculos, a fachada principal que aquí non se mostra e a balconada que vemos na foto.
Cando pasan os anos os materiais deterióranse e cómpre cambialos, e a ser posible, melloralos. Pero algunhas veces optamos polo menos indicado como é o caso da varanda de ladrillo que substituíu á orixinal de madeira. Os casetos de ladrillo que se adosaron á casa tamén rompen a harmonía da arquitectura e deslocen o corredor. Antena, cables soltos e canalóns de recollida de augas son mellorables na súa ubicación e selección de materiais.
Esta arquitectura é merecente de ser preservada, mimada e recuperada para ennobrecer as nosas magníficas aldeas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario