
Na entrada da aldea de Vilar hai unha pequena encrucillada de camiños e no medio dela campa o cruceiro da foto. Na parroquia de Ventosa hai bastantes cruceiros, case todos de idéntica factura: fuste longo e achafranado sobre peana tronco-piramidal, chapitel moldurado e cruz exenta de iconografía.
Tanta abundancia de cruces e cruceiros testemuña as profundas raigames da cristianización do territorio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario