18 de maio de 2007

VACAS NO ALTO DE CORRES

A estrada que sae de Agolada cara a Lugo é unha recta que remata nunha subida, lugar que se denomina o Alto de Corres. Ton von Vliet, o fotógrafo holandés que retratou Agolada en 1980, recolleu esta imaxe que escenifica elocuentemente o enorme cambio que se ten producido nas infraestruturas e nos costumes. Hoxe é impensable subir con tres vacas ceibas ocupando un carril completo. A realidade é que en Agolada os que tiñan vacas ou morreron, ou as venderon, ou se xubilaron. A estrada perdeu a carballeira das chousas do Vilariño, que lle daban sombra e a coroaban coa súa cúpula vexetal, e gañou en anchura e mellora da plataforma e do firme. Na actualidade neste tramo sobe unha estrada tipo Redia, con tres carrís, beiravías e amplas gabias.
Transcorerron 27 anos pero parecen moitos máis.

1 comentario:

  1. Noutro comentario que fago sobre as ovellas xa testemuño que logo non se ven vacas, é ven verdade que os tempos cambiaron, espero que para mellor, pero coa invasión do asfalto perderonse estas estampas.

    Naveiro.

    ResponderEliminar